8-M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Para conmemorar o día Internacional da Muller, durante esta semana fixemos varias actividades cuxo obxectivo foi concienciar da igualdade de dereitos e oportunidades para todas as persoas.
- Da man do conto "Max e os superheroes", dialogamos sobre a importancia que teñen as nosas nais na nosa vida, o que máis nos gusta delas e todas as cousiñas que fan por nós. Debo dicirvos que o que máis destacaban as criaturas foron os bicos, as apertas e os momentos nos que xogabades con eles/as.
- Tivemos a sorte de ver o espectáculo de Raquel Queizás “Cinema de Historias, da man de Alice Guy”, no que a artista contou a historia desta muller que foi un exemplo de empoderamento feminino e ao longo da súa carreira desenvolveu tarefas de directora de cine, actriz, guionista...
- Lemos o conto de "Salvaje" e falamos sobre a importancia de ser diferentes e libres.
- Fixemos un mural no que experimentamos o que pasaba se mesturabamos azul e rosa e o cal completarán os maiores do cole con diferentes propostas.
- Fixemos unha dinámica no que cada peque se tiña que colocar na cor que máis lle gustase (só había a opción de azul e a opción de rosa). Non é coincidencia que a maioría dos nenos escolleron o azul e a maioría das nenas o rosa... queda moito camiño por andar...
Por iso, despois escoitaron o seguinte conto que é un canto á liberdade de cada pequeno/a, que fala de que os patrones de xénero non deben aplacar a personalidade nin a creatividade de cada persoa, que non hai cores de nenos nin de nenas, hai cores que gustan nuns momentos e outros que gustan noutros.





Precioso ,pos puedo decir en voZ alta y escribirlo bien
ResponderEliminarPorque mi hija está educada como nosotros aque todos somos iguales ,y a ella le encanta el azul .también.
Somos iguales, un aplauso por la igualdad y un olee por la mujer .porque podemos con todo y más.
Gracias 👌😃