CELEBRAMOS O NADAL!

Estes días estivemos facendo moitas cousiñas para preparar o Nadal!


Fixemos a nosa árbore de Nadal... cos pés! Menudas coxegas!





E tamén, fixemos unha árbore entre todos os nenos/as de Educación Infantil!





Experimentamos coas novas bandexas no recuncho das Experiencias...





Participamos no amigo invisible do Calendario de Adviento. 
Utilizamos tubos de papel hixiénico para meter a sorpresa e llo regalamos aos nenos/as de 5 anos:




A nós, trouxéronnolo os amigos/as de 2º de Educación Primaria. 
Moitas grazas! Están riquísimas as sorpresas!



Fixemos adornos con materials de refugallo e intentando consumir 0 plásticos...






Fixemos unha postal que levamos ao buzón...







Creamos murais cos maiores..


Levamos as cartas aos Reis Magos..


 Desfrutamos dunha deliciosa chocolatada!


(Moitas grazas ao ANPA pola súa organización!)


Lemos contos...




Aprendemos panxoliñas...






E antes de desexarvos unhas felices festas... gustaríame reflexionar sobre os agasallos nestas datas (e espero que axuden aos Reis Magos que aínda non teñen claro que levar aos peques)
Considero que debemos ter presente que o exceso de xoguetes, fai que o seu valor sexa menor, é pouco educativo e xera aborrecemento. Recibir moitos agasallos non fai ao neno/a máis feliz xa que non son capaces de asimilar nin valorar se a cantidade é excesiva ou non. Se reciben moitos xoguetes, non apreciarán o seu contido nin prestarán especial atención a ningún. Acabarán por aburrirse e só desfrutarán momentaneamente no instante de abrilos. Ademais, o exceso de agasallo crea unha sensación de abundancia irreal que fai que os cativos/as non sexan conscientes da situación real na que se atopan.
Quizáis o número ideal sería 3: algo que realmente esté centrado nos seus intereses, un conto e un xogo de mesa para poder xogar en familia.

Que non se nos esqueza que o mellor agasallo é sempre o TEMPO e a PRESENCIA con eles/as.

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!


Comentarios

  1. Preciosas las cosas que hacen en clase, ya las pusimos en el árbol de casa para adornar, la campana, la hoja, el arbolito, todo muy especial. Gracias.

    Y ver lo ilusionada que están los niñ@s con sus primeras navidades en el cole más.

    Los regalos que le solemos traer a Jessica son educativos.
    Y de cantar que le gusta mucho.
    Muchas gracias, a tod@s y felices fiestas a tod@s los del cole de seara.

    Un abrazo de chaby

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Desfrutando do outono!

ECO-GRAZAS!

FELIZ VERÁN!