Visita da Protectora de Animais do Morrazo
Esta semana tivemos unha visita moi especial:
Chispa e Sara! Dúas cadeliñas que foron adoptadas logo de ser abandonadas polas súas anteriores familias.
Viñan con dúas rapazas que traballan na Protectora de Animais do Morrazo e que nos estiveron explicando os coidados dos animais, como hai que tratalos, o que non se pode facer con eles... e que hai que darlle tanto cariño como a nós nos gustaría que nos deran.
Moitas grazas por vir ao noso cole e pola labor tan fermosa que facedes.
Copio o link da súa web por se estades interesados en afondar máis no tema:


Comentarios
Publicar un comentario