Socios/as da biblio!
Durante as primeiras semanas do cole, tamén recibimos o noso carné da Biblioteca (grazas ao voluntariado de Primaria). Con el podemos coller os contos que máis nos gusten e levalos para casiña.
Polo xeral, levamos os libros todos os venres (exceptuando en pontes longas ou vacacións), e voltámolos os luns para poder coller outros novos.
Convidámosvos a que, a parte das visitas que facemos o grupo enteiro, veñades cos peques polas tardes e investiguedes todas as posibilidades que hai na Biblio.
Recordade que o horario é de 16:00 a 17:15.

Comentarios
Publicar un comentario