As landras chegan ao noso mundo!

Estos días andamos na procura de pequenos tesouros que da a natureza...



Cal foi a nosa sorpresa! debaixo dun carballo pequeniño, había un montón de landras!


Metemos nos petos todas as que puidemos...


E as levamos para a nosa clase co fin de plantalas... pero antes, tivemos que comprobar se valían para o noso obxectivo. Como o fixemos? Comprobando se flotan ou non.


Como podedes ver, tiñamos moitas landras que afundían e moi poucas que flotaban...


Contámolas e ordenámolas...



E lle preparamos unha camiña para que puideran xermolar...






E agora, toca ter paciencia xa que, a natureza medra moi despaciño... Pero cada día, o responsable encárgase de que teñan a humidade necesaria para poder xermolar.


E de vez en cando, volvemos a recordar a historia de Xaime...






Comentarios

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!