Os nosos tulipáns
Fai pouco máis dun mes, plantamos un bulbo que a profe nos dixo que era de tulipán (moita imaxinación tivemos que ter, para pensar que desa pelota marrón, ía saír o que ela dicía...) Durante este tempo, as Eco-Patrullas, encargábanse de regalos e vixiar que non lle fora ningún caracol. Ata que despois de mooooito agardar.... (esperar é algo que lles resulta super complicado) e prepararlle unha maceta preciosa... Tachán, medraron e a maioría, ata lles saiu a flor! É super importante, que vexan que non todo sucede de maneira instantánea, que as cousas levan tempo (e sobre todo o relacionado coa natureza). Evidentemente, non a todos/as lles saiu a flor, nin todas as plantas medraron ao mesmo tempo. E claro que se preguntaron o motivo e incluso houbo algún enfado, pero é que na vida, non todo sucede como a un lle gustaría e, aprender a tolerar esas pequenas frustracións lles servirá para que na súa vida adulta, se adapten con éxito a calquera circunstancia. Ah, e tamén expresamos de m...