A través da obra teatral "Xan, e as fabas máxicas" que vimos en "streaming" mediante a canle de Afundación, fixemos varias actividades en relación coa mesma...
Recollimos as fabas que sementaramos no outono e fixemos xogos con elas...
E preparamos o noso propio castelo para que as fabas "máxicas" suban por el.
Chegou o fin do curso e con el, o fin dunha etapa emocionante e chea de descubrimentos... Pechamos o blog tal e como se iniciou, cunha gran festa onde poder compartir tempo, xogos, música e merendola cos amiguiños e amiguiñas! MOITA FELICIDADE NESTA ETAPA QUE COMEZARÁ EN SETEMBRO! GRACIÑAS POR TODO O VOSO CARIÑO! ATA SEMPRE! 💜💛💚💙💗
Ao longo deste trimestre construímos un supermercado con material de refugallo co obxectivo de reforzar a competencia lóxico-matemática. A través do xogo simbólico, os pequenos e as pequenas aprenden a ler prezos, usar as moedas de euro, realizar pequenos cálculos a nivel mental, analizar anuncios de comida... Anímovos a que, cando fagades a compra no super, lles deixedes participar da actividade, preguntándolles canto custa tal producto, se nos chegan os cartos... porque non hai nada como a vida real para poder desenvolver as competencias curriculares!
Para que non haxa máis Lolas perdidas polos nosos mares... participamos na recollida de lixo na praia da Xunqueira. E despois de tan gradiosa tarefa... estos pequenos e pequenas ben mereceron XOGAR!
Muy bonito ,y guardamos con cariño. Que ideas más originales. El de Jessica viene grande y precioso.
ResponderEliminarGracias profe