Conmemorando o 8-M
Durante esta semana, relacionado con proxecto de centro, tivemos varias actividades nas que quixemos visibilizar e dar a coñecer a importancia que teñen as mulleres no medio ambiente.
O luns, visitounos Dolores, a presidenta das mariscadoras a pé de Santa Lucía de Moaña. Contounos en que consistía o seu traballo, que aparellos utilizaban para ir ao mar e o duro que era.
O martes, estivo na nosa clase Eva (a nai de Aroa G), quen nos explicou o procedemento que vai dende a recollida do peixe ou marisco ata o seu envase en latas de conserva. O que máis nos gustou foi poder ver as máquinas que manexan en pleno funcionamento!
E o mércores, acompañounos Rebeca (a nai de Iván), que nos explicou o que é ser "científica", a importancia de observar o medio no que vivimos e que temos que coidar a tódolos seres vivos que se atopan no mar, se non queremos que deixen de existir.
Quedounos moi claro o que significa ese sinal con forma circular e unha liña branca no medio (non podemos coller peixe nese lugar)
E como non todo é escoitar e tamén nos gusta ser protagonistas, participamos nunha gymkana na que nos convertemos en detectives na procura de superheroínas.
Descubrimos un montón de superheroínas que non coñecíamos, pero a que máis nos gustou, foi a protagonista deste conto:
E como as nosas mamás son as superheroínas que máis queremos, inventámoslles poderes super curiosos!
Moitísimas grazas ás mamis que nos dedicaron o seu tempo!!




















Moi interesante.grazas mamis,
ResponderEliminar