DÍA 7/05/2020
BO DÍA!!
COMO ESTADES?
😃
O conto de hoxe é un dos que máis contamos en clase. Estou segura que os peques poderán acompañarme coas súas palmas e por suposto axudándome a contar cada un dos animaliños que foron invitados ao aniversario da balea (uii, creo que vos fixen un spoiler aos adultos... 😅).
Anímovos a que vaiades tocando cos vosos dediños cada un dos animaliños que imos contando (ou mellor dito, cantando!)

Posibles actividades:
- Macedonia numérica: propóñovos que fagades unha macedonia para levar ao aniversario da balea. Para facela, teredes que:
- Primeiro: escoller pezas de froita variada que teñades por casa.
- Partir a peza de froita á metade (mazás, laranxas...) ou en anaquiños (plátanos, mandarinas..). Así traballamos as nocións de "enteiro/metade"
- Contar en cantos anacos foron partidas as pezas de froita. Conversar sobre que froita foi partida en "máis" anacos, cal en "menos", cales nos "mesmos"
- Poñer todos os anacos nun mesmos recipiente
- Debuxar a macedonia libremente
- Degustar a macedonia
*Cortar coa supervisión dun adulto!!
Que teñades un lindo día!
🌈
Profe empezamos a cantar contigo ,
ResponderEliminarAndando polo Camiño
😃.......
Que guay está la canción ,Jessica me la enseño a mi también.
Besiños profe