DÍA 25/05/2020
BO DÍA!!
COMO ESTADES?
😃
O conto de hoxe trata dos conflitos que aparecen pola falta de entendemento. A ver se se vos ocorre algunha solución...
O conto de hoxe trata dos conflitos que aparecen pola falta de entendemento. A ver se se vos ocorre algunha solución...
Posibles actividades:
- Construción e manipulación dunha bandexa sensorial: para a súa fabricación vale calquera bandexa que teñades por casa. Podédeslle botar arroz, sal, fariña, lentellas (ou se tendes moitas bandexas, podedes facer unha para cada material, dará máis posibilidades de tacto). A continuación, crear tarxetas con difeentes tipos de trazos, números, letras, debuxos... para que os nenos e as nenas poidan reproducir os modelos. Déixovos algúns exemplos:
O meu consello é que se faga de maneira gradual; é dicir, primeiro lles deixades experimentar a eles/as, coas súas mans, libremente. Despois podedes propoñerlles diferentes trazos e, finalmente, se están interesados coas letras e cos números, podedes animarvos a facer as tarxetas dos mesmos e que eles as recreen nas bandexas (en grande e en maiúscula).
Que teñades un lindo día!
🌈






Feliz día profe.lo haremos .
ResponderEliminar