DÍA 14/05/2020

BO DÍA!!

COMO ESTADES?

😃


Hoxe toca facer un xogo de mesa ou de "chan". É moi doado de crear e divertido para xogar en familia. Ademais de que estaremos desenvolvendo capacidades como a atención, discriminación visual e auditiva, pensamento lóxico, rapidez mental, concentración... dunha maneira lúdica!
 Precisaremos:



O proceso de creación e explicación das normas do xogo, vainas explicar Florinda....




Por se non vos deu tempo a apuntar...
  • Variante 0: xogar cun dado (ben sexa o das cores ou o das figuras).
    • Tirar o dado e coller a figura xeométrica que corresponda ou a cor que saíra no dado.

  • Variante 1: xogar cos dous dados de cores. 
    • Se saen dúas cores diferentes: collemos a figura coa cor que non saíra nos dados.
    • Se saen dúas cores iguais: collemos a figura coa cor dos dous dados.

  • Variante 2: xogar cos dous dados de figuras xeométricas.
    • Se saen dúas figuras diferentes: collemos a figura que non saíra no dado.
    • Se saen dúas figuras iguais: collemos a figura que saíra nos dous dados.

  • Variante 3: xogar cun dado de figura e o dado de cores.
    • Se a cor que sae non se corresponde con ningunha figura, collemos a que sobre.
    • Se a cor que sae si se corresponde coa figura, collémola.

*Recoméndovos, comezar pola variante 0 para observar se os peques identifican as cores e as figuras e unha vez comprobado afirmativamente, explicádeslles o resto das variantes por orde. 

Non é conveniente xogar a todas no mesmo día senón, ir incrementando a dificultade pouco a pouco.

E por suposto, xogar en familia, por turnos e non máis de 4 xogadores/as.

Contádeme que tal e se vos xuriu algunha dúbida 😊


---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Esta idea xurdiu dun xogo que se chama "Flipolino" (Lúdilo). 
Eu adapteino para poder traballar os atributos lóxicos das figuras xeométricas. 
Póñoo debaixo por se alguén lle interesa:


Ver las imágenes de origen
Que teñades un lindo día!
🌈

Comentarios

  1. Buenos días ,genial nos encanta este juego ,como hacíamos en el cole seguimos guardando algunos rollos de papel ,jiji ,podemos hacerlo sin problema.
    Muchas gracias profe besiños

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!