DÍA 3/04/2020
BO DÍA!!
COMO ESTADES?
😃
O vídeo de hoxe só ten como obxectivo animar e conseguir algunha que outra risa (inclusive dos maiores 😜 )
Se tedes algunha dúbida, estarei ao outro lado da pantalla. Só é necesario mandar un mail a:
morado.seara@gmail.com.
Estarei encantada de lervos, escoitarvos ou vervos.
MOITO ÁNIMO QUE O ESTADES FACENDO XENIAL FAMILIAS!
O vídeo de hoxe só ten como obxectivo animar e conseguir algunha que outra risa (inclusive dos maiores 😜 )
Para a semana que vén toca descanso de contos, aínda que vos animo a que preparedes vós algúns e os mandedes aos vosos seres queridos (inclúome entre eles, jiji). Voltarán o 13 de abril se a situación continúa así.
Non obstante, déixovos algunhas ideas para facer cos peques esta semana (coma sempre, voluntarias e opcionais):
- Ler, contar, inventar contos.
- Facer quebracabezas. Se xa se saben todos os que tendes por casa de memoria, nesta páxina web podedes facelos personalizados (coa foto que queirades e o número de pezas adaptado a cada peque)
- Xogar a xogos de mesa.
- Practicar Mindfulness ou "atención plena": este é un programa que podedes descargar https://web.minilandgroup.com/descarga-gratis-mindful-kids
- Xogo dos calcetíns desemparellados: a primeira parte será buscar por toda a casa pares de calcetíns e levalos a un sitio onde teñades un espazo considerable. Cando estean todos, desemparelládelos e os botades polo chan. Mesturades ben e os peques teñen que atopar a parella correspondente.
- Cos calcetíns tamén podedes facer marionetas para un teatrillo e que inventen as súas propias historias. Ou tamén podedes pintarlles as mans.
- Facer alfombras de texturas con material que teñades por casa. Poden pasar descalzos cos ollos tapados e no caso de que se atrevan, pechar os ollos e adiviñar a textura.
- Circuítos motrices con obxectos da casa:
- Celebrar algún día unha festa: preparar unha comida e un postre (que é o máis importante, jijij) que vos guste a todos/as, poñer a mesa bonita, vestirse ben guapos/as. Despois de comer, bailar xuntos.
- Facer sesións de cine con palomitas en familia.
- Realizar pequenas reunións en familia e falar do que sentimos, se necesitamos máis espazo para nós ou como podemos solucionar algún problema.
- Aburrirse un pouco de vez en cando que non pasa nada e vén moi ben
Se tedes algunha dúbida, estarei ao outro lado da pantalla. Só é necesario mandar un mail a:
morado.seara@gmail.com.
Estarei encantada de lervos, escoitarvos ou vervos.
MOITO ÁNIMO QUE O ESTADES FACENDO XENIAL FAMILIAS!
Bótovos de menos
Que teñades unha bonita semana
🌈







Muchas gracias,felices días de vacaciones profe.🤩🥰🥰
ResponderEliminar