Vivan as castañas!

Este venres tivemos a sorte de que o sol nos deixara desfrutar do Magosto que levabamos preparando durante toda esta semana!

Fixemos unhas cestiñas con material de refugallo...


Que nos levaron moito tempo e paciencia... 
Primeiro había que picar a cartolina, logo pintala e decorala como máis nos gustase.




Tamén aproveitamos este material natural para facer xogos de razoamento lóxico... onde hai máis, onde menos, "máis que.."/"menos que..."


Realizamos xogos psicomotrices, converténdonos en esquíos que tiñan que ir collendo as castañas segundo a norma e levalas para a súa casiña.






Ao final, todos tiñan que cooperar para poñer a salvo a súa comida antes de que viñera a tormenta... E o conseguiron!


Finalmente, con lume listo e as cestiñas na man, comemos cantas castañas quixemos e xogamos ata non poder máis!





Comentarios

  1. Que bonitas las cestitas, y el magosto genial, y el fantasmita, y lo ilusionada que te cuenta como fue la fiesta, muy bonito todo
    😄🎉👏

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O SUPERMERCADO

Desfrutando do outono!

FELIZ VERÁN!