"Camiñando cara o 2030"
"Camiñando cara o 2030" é o título do noso proxecto didáctico integrado (ou proxecto anual de centro) para este curso 2020-21. Estamos nun momento clave para entender que mellorar o planeta depende das nosas accións e o tipo de actividades que realizamos. Así pois, imos basearnos nalgúns dos obxectivos que a ONU estableceu na súa axenda para o 2030 para o noso punto de partida. Seguro que o camiño que imos recorrer vai ser impactante mais tamén estará cheo de ilusión e de propostas de cambio. Aquí tedes a presentación que realizou sexto curso e que explica con detalle cada un dos obxectivos seleccionados para traballar este curso. A través do mesmo, pretendemos fomentar no alumnado hábitos e actitudes de respecto e coidado ao medio ambiente. Desta ilusión nace a proposta dos “Eco-Retos” que consiste no seguinte: Cada mes, haberá un Eco-Reto diferente que tratará accións encamiñadas a concienciar sobre algún aspecto relacionado cos obxectivos da Axen...