Entradas

O DÍA DO LIBRO

Imagen
 Así celebramos o día do libro no cole! A pesares da choiva, puidemos convertérmonos en detectives de contos no patio cuberto. E levamos para casa o marcapáxinas cos nomes que fixemos na impresora 3D da Biblio. Así de chulis quedaron!

O DÍA DA TERRA!

Imagen
  Hoxe celebramos o día da Terra cunha visita moi especial: Anxo Moure, o Atrapador de contos veunos visitar e a contar historias sobre a natureza. Á hoora do patio, tivemos a sorte de atopar un gran charco para poder experimentar xogando con el. E levamos para casiña os carballiños que con tanto agarimo levamos coidando durante todo este curso. Agora, cada criatura terá que ser responsable do seu carballo para que cando medre, dentro duns anos, poida ser transplantando nunha leira, xardín, monte... "Só podemos protexer o que amamos  e só podemos amar aquilo que coñecemos" 💚 PD: Hoxe tamén se publicou o novo CaranveXornal no que participaron, desta volta, os/as nosos/as compis de 5 anos, contando o que facemos tódolos días para conseguir os Eco-retos. 

"O noso horto"

Imagen
Dentro do proxecto de Voz Natura e aproveitando espazos ao aire libre, improvisamos un horto con materiais que nun principio ían ser para o lixo. Coa axuda de tódolos nenos e nenas de Educación Infantil, logramos plantar cebolas, repolos, cabazas, tomates, pementos, sandías, leitugas... e sobre todo, enchernos de terra! Así de chuli quedou! Agora, temos que agardar a que medren e coidar de que teñan a auga suficiente para o seu cultivo. Moitas grazas á "Despensa do Campo" e a tenda "Mi+cota" por gardarnos as caixas e os palés. 💚

ECO-RETO DE ABRIL!

Seguimos fomentado o consumo responsable e a redución de plástico e papel. Grazas ao eco-reto do mes anterior, decatámonos da cantidade de plástico e papel que consumimos nun mes polo que, o reto para Abril, será intentar reducir dita cantidade. Para tal fin, necesitamos a vosa axuda xa que os pequenos/as xa atoparon posibles alternativas: non envolver os alimentos con plásticos (utilizar tuppers reutilizables), non utilizar palliñas dun só uso, traer a froita en peza, non tirar os envases de iogur (utilizalos para plantar)...  SEGURO QUE COA VOSA IMPLICACIÓN...  CONSEGUIRÉMOLO! 💪

Segundo trimestre superado!

Imagen
 Na derradeira semana do segundo trimestre, fixemos actividades relacionadas coa Pascua! Preparamos as nosas cestiñas para levar os ovos de chocolate: Mediante un obradoiro de grafismo, decoramos ovos xigantes: Con teacher Berta, xogamos aos "Easter eggs": E o "coelliño de Pascua" agochou aos seus amigos "os coelliños de cores" para que os tivésemos que atopar polo patio dos maiores: FELICES VACACIÓNS! VÉMONOS Á VOLTA! 😊

Experimento: "As flores que se abren"

Imagen
 Para celebrar a entrada da primavera, fixemos un experimento: Coloreamos unha flor de papel con ceras de cores: Doblamos os seus pétalos cara o medio: Colocamos as nosas flores nunha bandexa con agua: Esperamos e observamos realizando posibles hipóteses: Rexistramos o acontecido:

Propostas de Inverno

Imagen
As propostas das estanterías  dos grupos cooperativos van mudando segundo a estación na que nos atopemos. Estas son as propostas manipulativas de inverno coas que xogamos durante este trimestre: Creación e manipulación de neve artificial: Identificación de formas iguais ao modelo: Conteo de garabanzos: Clasificación por cores: Asociación grafía-cantidade: Trasvases de materiales: Procura de parellas de copos de neve: Orientación espacial con cadrados de doble entrada: O noso nome con sal tintada: Bingo cooperativo coas prendas do inverno: Decoración de carpetas con xeo pintado: Pintura en papel de aluminio: Minumundos de inverno: Murales de inverno: témpera e globos de auga